Comenza a nova Tempada

Comenzou a pretempada dos veteranos cun partido amistoso contra os flamantes campións da copa, o Ponteceso, cunha merecida victoria por 2-1, goles marcados polo
central Alexo en propia porta a centro de "Chocolate", nova fichaxe do Camariñas recen chegado das bravas costas de Arou. O segundo marcouno Fausto despois dunha bonita xogada. Nos últimos minutos chegou o gol do Ponteceso, despois dunha internada pola banda esquerda , pase da morte, que rechazou o gardamallas cara o centro da área ,e Alexo chegando dende atrás enviou o balón ata o fondo da portería.

Pouca asistencia , ou ningunha , no campo do Pinguel.

Outras incorporacións do equipo do Camariñas son : Manolo, procedente do internacional de Arou, e Juan recién chegado do Atleti club Braño.

O PROXIMO VENRES DIA 15-08-2008 SERA A FESTA NA PRAIA DO ARIÑO (XAVIÑA)


Nota : Este ano o encargado de levar a páxina vai ser o noso porteiro ( o grande
da Ponte ) por encontrarse fora o redactor xefe Héctor..